Saberte:
Un día despertou en min
nas aforas da vontade da razón,
unha paixón da que non puiden fuxir.
Padecía, miña amada, de non terte,
pintei soños xunto a ti
e na noite, baixo a lúa das estrelas,
e na noite, na túa ausencia anoitecín.
Un día namorei,
de ti quedei preso para sempre, meu amor,
foi por saber, por saberte xunto a min.
E os dous xuntos, miña amada,
descubrimos os segredos deste engado
pois detrás do amor non hai máis nada,
é que na vida anda errante quen non ama.
Álbum: 30 anos con A Quella. De amor, dor e loita. Vol. 2
Tema: 9
Ano: 2014