Mercado Común:

 

Xa estamos dentro, señores!,

e xa somos europeos. (bis)

 

Venderemos terra e vacas 

e a traballar no estranxeiro. (bis)

 

Galicia é unha sombra negra

cobre de novo a súa xente. (bis)

 

E o partido do goberno

sigue sendo indiferente (bis)

 

No camiño pra Bruxelas

o noso pobo vai coxo. (bis)

 

Non hai problema, señores!,

esportarémoslles toxos. (bis)

 

Cultivaremos chinchillas,

pisos e máis caraveles. (bis)

 

Un raio do dermo os parta!,

que se reconvirtan eles. (bis)

 

O conto estaba calado,

ninguén ousaba dar pío. (bis)

 

Cenicienta das españas,

Galicia non di nin pio. (bis)

 

Galicia en autonomía

sen rumbo nin gobernante. (bis)

 

Mercado Común á porta,

iban os nosos feirantes. (bis)


Álbum: Európolis´88

Tema: 5

Ano: 1988


Álbum: As nosas cancións. Vol 2

Tema: 19

Ano: 1998