Manifesto de Lugo:

 

Na boca de Castelao mil primaveras floriron

i o lume nacionalista tódalas almas luciron.

Palabras de Cabanillas tal como estrelas se ergueron

i as estancias dos silencios con novas luces se encheron.

 

Dende a Nova de Vilalba, Vilar, Ponte de Viveiro

Ánxel Casal e Viqueira, e Cesar, Tai e Mosteiro

xuntáronse na cidade. Viñeron de toda a patria

As Irmandades da Fala e As Sociedades Agrarias. 

 

Ó ve-las vellas murallas

un día entrou no relembro

que por seu nome se chama

dezaoito de novembro.

 

Día de orgullo da terra,

día de activa esperanza,

día de ollarse no espello,

día de loito e mudanza.

 

A verba nacionalista

floresceu coma unha rosa

e a asamblea proclamouna

consigna da terra nosa.

 

Camiño, longo camiño

novo camiño de gloria.

Camiño que agora andamos

alongado coa memoria.

 

O Manifesto de Lugo

chamou a toda Galicia

pola liberdade da patria,

polo pan, pola xusticia.

 

Este camiño que andamos,

longo camiño de estrelas

recibiu naqueles días

consignas para dendelas.

 

A verba nacionalista

floresceu coma unha rosa

e a asamblea proclamouna

consigna da terra nosa.


Álbum: As nosas cancións

Tema: 1

Ano: 1997