Guerrilleiro:

 

Guerrilleiro da patria asoballada

famenta de verdade,

de verdade de vasoira.

 

A túa palabra

anuncia mañás loiras

e colleitas de luz,

de luz na madrugada.

 

Ti tiñas primaveiras lembradoiras

e da vida fixeches,

fixeches dura espada.

 

Pra loitar pola patria camarada

que silencio sen ti,

sen ti nas corredoiras.

 

Unha terra de nos

era o teu norte,

un pobo traballador,

traballador, ledo e varil.

 

Unha conciencia

viva, alerta e forte

e abatiute unha bala

unha bala cega e vil.

 

E nós, que choramos a túa morte,

empuñaremos tamén,

tamén o teu fusil.

 

Pra loitar pola patria camarada

que silencio sen ti

sen ti nas corredoiras.

 

Guerrilleiro da patria asoballada

famenta de verdade,

de verdade de vasoira.

 

A túa palabra

anuncia mañás loiras

e colleitas de luz,

de luz na madrugada.


Álbum: 30 anos con A Quella. De amor, dor e loita. Vol. 2

Tema: 6

Ano: 2014


Álbum: Na Señardade

Tema: 10

Ano: 2016