Bando do alcalde:

 

"Con traducción simultánea, por orde do Sr. Alcalde

lese este bando pa que se cumpla;

Segundo as ordenanzas desta alcaldía ilustre dependente

do goberno central, tódolos galegos a partir de hoxe non poderán exercer coma tales en manifestacións que xa resultan ofensivas como:

lingua de pleve vulgar, romerías golfas, costumes pouco europeus, modos irreverentes, maneiras aldeanas, etc, etc, etc.

Compre arruina-la cultura en nome do progreso, e tamén:"

 

Prohíbese por orde da alcaldía:

Que medre por que si as rosas do xardín municipal.

desde agora as pombas teñen que pedir licencia pra voar.

Prohíbeselle a lúa, que é unha tola, andar ceiba no ceo,

que a lúa é unha tola que anda espida e dando mal exemplo.

Que están fóra da lei a primavera, as flores e os carballos, as estrelas, os peixes e os paxaros.. 

desde agora as pombas teñen que pedir licencia pra voar.

A garándulos, trabucos, ós poetas prohíbese soñar .

Prohíbese tamén derramar bágoas, e pódese chorar.

E pódese chorar cando hai sequía pra que enchan os pantanos

desde agora as pombas teñen que pedir licencia pra voar.

 

E o sol se pode emocionar

os xoves e os domingos cando toca,

cando toca a banda do concello,

a banda do concello no Kiosko.(bis)

 

Tras este bando, e cal e cale

fai que se cumpla

a orde do Alcalde.

Firma de rubricado

a orde do Alcalde.


Álbum: Európolis´88

Tema: 12

Ano: 1988


Álbum: Terra

Tema: 15

Ano: 1992


Álbum: 17 cancións de troula

Tema: 8

Ano: 2006


Álbum: Na Señardade

Tema: 5

Ano: 2016