A fouce do avó:
Tres veces a afiei; foi a primeira
cando, ardendo a seara e mais as meses,
segou tantas cacholas de franceses
que non colleran en montóns na eira,
que non colleran en montóns na eira.
Foi a segunda cando, prisioneira
a Patria dos teocráticos intreses,
esgazou tras mil loitas e riveses
do poder absoluto a ruín bandeira,
do poder absoluto a ruín bandeira.
Pola vez derradeira afíoa agora...
-¿E para que, avoeliño? -escrama o neto,
póndose diante del, coa faldra fóra.
-Para que segues ti -repuxo inquieto-
o froito que eu semei, e que xa cora-
dixo, e sorriu, con risa de esquilete.
Álbum: 30 anos con A Quella. De amor, dor e loita. Vol. 1
Tema: 3
Ano: 2014