A Quenlla é un grupo galego fundado no ano 1984 por varios músicos, entre os que se atopaban Mini e Mero, ex-compoñentes históricos do grupo Fuxan os Ventos. O proxecto da Quenlla naceu coa intención de elaborar un estilo próximo ao folk e á música tradicional galega, pero sen abandonar a temática social e reivindicativa, un aspecto que Fuxan os ventos viñera descoidando. Á formación inicial, de só tres persoas, fóronse sumando distintos músicos, até acadar a decena.
As letras da Quenlla baséanse en dúas fontes: a música tradicional e os escritores galegos, sendo moi numerosas na súa discografía as adaptacións de diferentes poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Xosé Luís Méndez Ferrín, así como a inclusión nos discos de textos recitados.
Membros: Chusa, Tareixa, Mariña, Iria, Mijail, Irati, Saxa, Omeljan, Mini e Mero.
LPs en galego:
Os tempos inda non, non son chegados (1986)
Európolis ´88
(1988)
Máis alá da néboa (1990)
Terra
(1992)
Nadal en galego (1993)
A casa que nunca tivemos
(1996)
Namórate da vida (1999)
Silencios na memoria
(2004)
17 canciones de troula
(2007)
Os Irmandiños (2011)
30 anos con A Quella. De amor, dor e loita (2014)
Desorballando outonos
(2014)
As nosas cancións. Vol. 1
(1997)
As nosas cancións. Vol. 2
(1998)
Chill Out Celta en Galicia
(2004)
Romance
(1988)
Na boca unha cantiga
(2009)
Na señardade
(2016)
Así é a miña terra. Vol 2
(2003)
Xogando coa música 1 (1992)
Xogando coa música 2
(1992)
Cantigas de nadal
(1998)
Letras e cancións:
Penélope
Silencios na memoria
Castelao
Rumboia
Abril de lume e ferro
Ai amor
A fouce do avó
Manifesto de Lugo
Irmau Daniel
A dorna
Guerrilleiro
Tango para unha terra erma
María Balteira
A flor da malva
Mercado Común
Oración polos tolos
Ollei mozos
Ollei mozas
A natureza
Desexos da liberdade
Saberte
Foi de amor
Bando do alcalde
Carlos dos Santos
Avec moito love
Memorias dun neno labreo