a gramola gominola


Música para todos os públicos e letras adaptadas para a xente miúda, xorde así unha banda para “cativos de 0 a 99 anos”. Esta é a proposta de A Gramola Gominola, un grupo de música infantil,que se diferencian doutras bandas ao faceren concertos cheos de humor ao tempo que didácticos e participativos e con moito rock infantil. Nos seus espectáculos fan un repaso pola historia da música onde os espectadores poden coñecer diferentes estilos dende o blues ao reggae, pasando polo pop, country, rock ou ska.

O seu primeiro traballo, un libro-cd homónimo da Colección Sonárbore (Editorial Galaxia, 2015) con 10 temas propios e que conta coa colaboración de artistas tan dispares e coñecidos como Mini e Mero (A Quenlla), Luis Tosar, Pablo Dalama, Gendebeat ou Alberto Cereijo.

Membros: Paula Romero, Rodrigo Muñoz, Paco Cerdeira e Anxelo de Xermar,



LPs en galego:

A Gramola Gominola (2015)

Cancións para desafinar (2017)



Cancións e letras:

Campión Internacional

Sorrir

Monstro

Non movas a crista