Estomballada:

"E ti, se sempre volves ao rural, por que non ficas a traballar nel?"

 

As pericas teñen fame,

filla herba hai que ir buscar,

que despois na noiteboa,

carneiro non vas probar.

Alá marcho ca ghadaña.

Varios feixes vou pañar,

pero ó ve-la herba fresquiña,

só me quero estomballar.

 

(Estomballada, estomballada,

estomballada na veigha,

estomballada, estomballada,

a leira pa quen a queira.)x2

 

Ás tres da tarde en aghosto,

patacas imos pañar,

que ven o home do tractor,

e logho ha querer marchar.

Alá, imos ca empanada

e o viño pa merendar,

aínda non traballei nada

e xa me quero estomballar.  

 

(Estomballada, estomballada,

estomballada na veigha,

estomballada, estomballada,

a leira pa quen a queira.)x2

 

Pós ghalos mailas ghaliñas,

millo hai que sementar,

mentres lle espanta-los corvos,

xa logho o tes que ir sachar.

Enriba vén a vendima,

as abellas hei tornar,

non sei se pisa-lo millo

e as uvas esfollar...

 

"Ai! que demo de rapasa,

non sei quen me vai herdar,

non me sirve para nada,

só se quere estomballar".

 

(Estomballada, estomballada,

estomballada na veigha,

estomballada, estomballada,

a leira pa quen a queira.)x4


Álbum: Estomballada

Tema: 1

Ano: 2008


Älbum: Convertindo cuncas en ferrados

Tema: 11

Ano: 2016