A vaca marela:
Eu teño unha vaca amarela
que é o demo a condanada.
Presume de vaca moderna
e non quere traballar. (bis)
Ela canta con acento
de mulata brasileira.
Hai que vela como move
as cadeiras ó bailar.
Fixo a permanente no rabo
e botoulle esmalte ós cornos.
E disque ten mercadas
unhas medias de cristal. (bis)
Ela canta con acento
de mulata brasileira.
Hai que vela como move
as cadeiras ó bailar.
Non da leite nin da nada,
da patadas á canada.
A herba xa non lle vale,
quere palla integhral. (bis)
Ela canta con acento
de mulata brasileira.
Hai que vela como move
as cadeiras ó bailar.
As cadeiras ó bailar.
Álbum: Convertindo cuncas en ferrados
Tema: 8
Ano: 2016