A BANDA DA BALBINA


A Banda Da Balbina nace nos Ánxeles (Brión) a finais do ano 2007.  Alá polo maio do ano 2008 naceu a Estomballada. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio de algunha orquestra galega.

Un ano máis tarde parriron O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit.

As súas creacións  manteñen uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. . Dende os seus inicios manteñen unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade do galego.

Membros:  Silvia Carreira (Voz), Juan Fuentes (Guitarra), Dani Fuentes (Baixo e coros), Carlos Gómez (Bateria), Gabriel Riveiro (Acordeón).



Discografía:

Convertindo cuncas en ferrados

Estomballada



Letras e cancións:

O marco

Cala a boca

Estomballada

Fumejando


A vaca marela

Que che dean

O fillo do mar

Aquilino


Cantar cantei

Mariñeiro matalote

Terra enfrente